Tuesday 17 de September de 2024

Incendio dun vehículo na AP-9 ao seu paso pola parroquia de Guísamo, no concello de Bergondo


Os bombeiros do Parque Comarcal de Betanzos foron requiridos esta mañá, ao redor das 11:30 horas, nun operativo destinado á extinción dun incendio nun vehículo á altura da peaxe da estrada AP-9 ao seu paso pola parroquia de Guísamo, no concello de Bergondo.

No vehículo só circulaba unha persoa que non precisou asistencia sanitaria. O labor dos bombeiros consistiu na extracción da batería, xa que o lume fora sufocado.